Satisfacción ao peche de Berocasión

0 minutes read

Era unha feira atípica a celebrada este ano, Berocasión ofreceu máis de 600 automóbiles para todos os gustos e prezos, pero co novo concepto de portas abertas nos concesionarios participantes. Ao peche desta edición e á espera dos datos concretos a maioría dos concesionarios participantes están satisfeitos ou moi satisfeitos, xa non só coas vendas, senón coa afluencia de público, que ao final, traerá o peche de máis operacións ao longo dos próximos días. O bo tempo ha contribuíu a que a xente se animase a visitar os concesionarios durante toda a fin de semana.