Satisfacción das arqueiras do CD Flechas por un Tubo no Campionato de España

1 minutes read

As arqueiras do club Lucía Castro Fondo e Leonor Andrade Varela, participaron por primeira vez no campionato de España de tiro con arco en sala para cadetes e menores de 14 anos, celebrado en Valladolid.

A campiona Galega (Leonor Andrade Varela) e medalla de bronce (Lucía Castro Fondo), en representación  da comunidade galega, deron a talla a pesar do alto nivel de competición  no evento, enfrentándose as 36 mellores de España na súa modalidade, quedando entre as 17 primeiras na categoría individual, sendo vencedoras:

1°Jara Bartolomé Rapado, de Castela e León.

2°Gisela Torres Pérez, de Baleares.

3°Israe Allouch, de Baleares.

Lucía Castro Fondo participou  na modalidade de equipos mixtos representando a nosa comunidade, facendo equipo co ourensán Betran Doval Valera do club Eiroás de Ourense, sendo eliminados en cuartos de final polo combinado de Castela e León acadando así  o 5° posto.

Nesta modalidade os vencedores foron as comunidades de:

1°Baleares.

2° Castela e León.

3° Cataluña

As dúas arqueiras quedaron satisfechas co seu traballo e demostraron que a súa posición entre as 20 primeiras de España  e fruto do seu excelente traballo e esforzo. Esforzo que  co que sen dubida comezaran a preparar  o próximo Campionato Galego  de Aire libre.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?