Satisfacción en Cee pola aprobación da ampliación do hospital

1 minutes read

O candidato do PP, Jesús Picallo, recibiu ao Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a quen lle trasladou a súa satisfacción pola aprobación, por parte do Consello da Xunta, dunha nova inversión de 1,2 millóns de euros na ampliación do hospital Virxe da Xunqueira. O proxecto de reforma e ampliación da área de urxencia do hospital sairá a licitación por 1,2 millóns de euros. Para este ano, os orzamentos da Xunta contemplan unha partida de 450.000 euros para iniciar esta obra.

Esta actuación completará as levadas a cabo con anterioridade debido á situación extraordinaria da pandemia do COVID-19, tivo que crearse un dobre circuíto no Servizo de Urxencias do Hospital, ademais de trasladar o novo PAC ao centro de saúde de Cee. Estes traballos de reforma supuxeron a adaptación dunha superficie de 390 m2 cun investimento de 150.000 euros. No 2022 tamén se produciu un aumento de servizos, concretamente no ámbito oftalmolóxico, ao comenzar a realizar en Cee as consultas de retina e o tratamento de inxeccións intravítreas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?