Satisfacción en Oleiros polo incremento das frecuencias de transporte en Nós

Cedida.

Ante as solicitudes do Concello de Oleiros reclamándolle á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade melloras nas frecuencias na liña recentemente licitada que transcorre por unha parte da parroquia de San Pedro de Nós, vai haber dous novos buses en horario matinal e un terceiro a última hora da tarde. As paradas afectadas son as do Vilar, Vilanova, A Chasqueira e Vilares.

“Os veciños de San Pedro de Nós protestaban porque se lles eliminaran os autobuses da primeira hora da mañá no novo servizo, que acaba de entrar en funcionamento. Desde o Concello movímonos e a Xunta aceptou parte das nosas peticións. Nós queríamos máis frecuencias pero van poñer tres buses máis, dous pola mañá e un pola tarde”, dixo o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane.