Unha delas facía referencia a abrir un proceso participativo de consulta á veciñanza para darlle un novo uso á recén pechada escola unitaria de Torrexallóns, pese a que o goberno popular votou en contra, sinalou que esas instalacións van ser ofrecidas a nova asociación de veciños desa parroquia, polo que este proceso de consulta e escoita coa veciñanza vaise levar a cabo.
Na seguinte moción, relacionada coa actualización da información sobre o concello na na web de Turismo de Galicia, volveuse a ver algunha discrepancia dende o equipo de goberno cara a redacción da moción, pero sinalaron que falarían co equipo técnico municipal de turismo para actualizar tanto a información textual como fotográfica desta páxina.
A derradeira moción presentada por este grupo, bebe directamente dunha demanda veciñal, acerca de que o concello de Laxe asine por fin un convenio de colaboración con algunha entidade de xestión ética do abandono de animais domésticos, ao que responderon que nesta mesma semana comezaron as negociacións.
Segundo a concelleira Cristina Vázquez, as aportacións do BNG foron recibidas de xeito positivo e con compromiso de cumplir polo equipo municipal, pese ao sentido do voto, “é coa sensación positiva coa que saímos do pleno, e ver que o traballo para ir mellorando a vida no noso concello, vai dando os seus froitos, aínda que seguiremos controlando e observando ao goberno municipal, como as nosas votantes queren”.
Porén, foi sorprendente que na parte final do pleno, o equipo de goberno non aportase as respostas ás 12 preguntas que o BNG lle realizou no pleno anterior e que quedaron adiadas para o pleno de setembro. Preguntas relacionadas con temas tan importantes para a veciñanza como a reposición dos colectores de lixo da Braña e parroquia de Soesto, sobre as obras de reparación da fosa séptica do CPIP Cabo da Area ou sobre as deficiencias en varias obras viarias realizadas nos pasados meses. Segundo Xosé Manuel Pose, voceiro do grupo municipal, “é sorprendente que na súa segunda lexislatura, o equipo de goberno non presente respostas á preguntas dos grupos municipais, nin cumpla coa entrega de informes técnicos mencionados na anterior sesión”.
Un día máis o grupo municipal do BNG de Laxe quixo facer tal e como prometeu á veciñanza unha oposición construtiva: rigorosa, esixente e útil, aportando solucións aos problemas, porque din, así entendemos a política.