Satisfacción no sector do automóbil de Baio tras unha exitosa edición de Feirauto

A tarde deste domingo foi clave para que a edición número 44 de Feirauto se considerase todo un éxito de afluencia de público con máis de vinte vehículos vendidos no cómputo global. Desde este venres 20 de setembro e ata última hora deste domingo día 22, celebráronse xornadas de portas abertas nos catro talleres organizadores: J. Lema, Manuel Montes, Graíño e Automóbiles Celmar, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Xa traballando duro para a próxima edición que será a 45.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha