Entre os proxectos aprobados na convocatoria extraordinaria de Plans de Sustentabilidade que convoca o Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, e que se financiarán con fondos de recuperación europeos -os denominados Next Generation-, están dous proxectos presentados desde a sección de Turismo da Deputación da Coruña: o proxecto de Xeoparque de Ortegal e o proxecto das Fragas do Eume.
O vicepresidente da Deputación e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira amosou a súa satisfacción», afirmando que encaixan perfectamente cos obxectivos de proxectos de desenvolvemento económico fundamentado na transición verde, na eficiencia no plano enerxético, na busca do equilibrio sustentable a nivel económico, na transición dixital e no compromiso co medio ambiente». Neste sentido, salienta que «se trata de proxectos altamente comprometidos co territorio, coa conservación co medio natural e que tamén teñen o medio natural como motor de desenvolvemento».
O proxecto de Fragas do Eume implica aos cinco concellos da comarca: As Pontes, Cabanas, Monfero, Pontedeume e A Capela. O proxecto de Xeoparque de Ortegal implica aos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño.