Detectan por primeira vez en Galicia exemplares de mosquito tigre. Apareceron no concello de Moaña, na provincia de Pontevedra. Estes insectos poden transmitir enfermidades coma o dengue, a febre amarela ou o zika, máis propia de zonas tropicais. O mosquito tigre Aedes Albopictus ten de 5 a 10 milímetros de lonxitude, é de cor negra cunha liña branca lonxitudinal central no tórax e a cabeza e con patas con bandas negras e brancas.
Cría en pequenos recipientes que acumulan auga estancada durante máis dunha semana. Por iso, a Xunta recomenda nun comunicado revisar os bebedoiros de mascotas, floreiros ou pratos situados baixo as macetas para evitar hábitats propicios para o desenvolvemento do mosquito. Tamén se aconsella á poboación utilizar repelentes eficaces para minimizar a picadura, que adoita ser moi molesta e pode xerar reaccións alérxicas graves.