A SD Sofán fai historia e ascende a Terceira División


Este 27 de xuño tamén foi un día histórico para Sofán, o equipo de fútbol da parroquia, con moito mérito, logrou ascender a Terceira División tras impoñerse este domingo na casa ao Boiro por 2-0. Ao conxunto carballés non lle valía outro resultado que non fose a vitoria, ao Boiro tampouco. Foron 90 longos minutos en O Carral, con calidade e moita tensión, ambos os conxuntos ofreceron moito respecto mutuo, a balanza rompeuna Raúl no minuto 63, 1-0, e Viqueira minutos máis tarde instaurou o definitivo 2-0.