Se che gusta cantar esta é a túa oportunidade

1 minutes read

Co obxecto de promover e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical, a Deputación da Coruña convoca o VI Concurso “Quero Cantar” de música infantil e xuvenil. O prazo de presentación de solicitudes de participación rematará o 15 de marzo de 2023. Pode participar calquera grupo ou solista que presente a maqueta dunha canción en galego, con letra e música orixinais e inéditas, que non fosen publicamente difundidas antes por ningún tipo de soporte nin canle. As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación. As bases están publicadas no BOP do 14 de decembro e pódense consultar e descargar na web www.querocantar.gal

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?