“Se Sánchez quere ter o voto do BNG ten que dar unha solución ás electrointensivas galegas”


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o deputado no Congreso, Nestor Rego, mantiveron un encontro co comité de empresa de ALCOA-San Cibrao ao que transmitiron que garantir o futuro desta planta forma parte da axenda de prioridades que o BNG ten sobre a mesa nas negociacións co PSOE de cara á investidura de Pedro Sánchez.

“A solución depende de que haxa vontade política e está claro que si Sánchez quere ser presidente, si Sánchez quere obter o voto do BNG ten que haber unha solución para ALCOA e para as industrias electrointensivas do país, porque depende unicamente de que haxa vontade política, vontade política para aprobar o estatuto para este sector, vontade política para que Galiza se beneficie da súa riqueza electrica, vontade política para sentarse a falar das medidas de futuro para ALCOA”, proclamou Pontón tras a reunión.