A entidade “Suelo Empresarial del Atlántico”, dependente do Ministerio de Transportes e da Xunta de Galicia, contratou os traballos de limpeza e roza dos parques empresariais da Laracha, Malpica de Bergantiños e Vimianzo, no marco das tarefas encamiñadas a manter de forma adecuada as parcelas industriais que xestiona. Os traballos supuxeron un investimento total de 15.196 euros e desenvolvéronse, cumprindo os prazos establecidos, durante o mes de agosto.
As empresas contratadas desprazaron a maquinaria precisa para a roza e limpeza das parcelas que non están ocupadas e encargáronse da xestión da biomasa vexetal que se xera nestas tarefas.
No caso do parque empresarial da Laracha, “SEA” contratou as tarefas de roza dun total 825.249 m² en superficie bruta. A roza das parcelas do parque empresarial de Vimianzo foi contratado o pasado 31 de xullo, onde están habilitados 335.095 m² de superficie bruta. Tamén se procedeu á roza do polígono de Malpica de Bergantiños, de 54.979 m² en superficie bruta.