O Consello de Administración trimestral de marzo a xuño de 2022, celebrado este luns, certificou o éxito das novas medidas de impulso, difusión e de oferta impulsadas pola actual xerencia de Suelo Empresarial do Atlántico – SEA-, con varios miles de metros cadrados adxudicados en A Laracha e Vimianzo. En cifras, no polígono vimiancés adxudicouse a parcela F-10, de 1.188,03 metros cadrados, por valor de 81.938,42 euros. Ademais, Suelo Empresarial do Atlántico adxudicou este trimestre unha parcela de 1.200 metros cadrados na Laracha, por importe de 94.380 euros.