43
A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico” (SEA), Beatriz Sestayo, presentou no Consello de Administración deste último trimestre, celebrado de forma telemática este xoves, as últimas operacións pechadas e confirmadas, entre as que se atopa a adxudicación doutra parcela no polígono da Laracha a unha empresa do sector da restauración. Trátase da D1,1, de 2.773 metros cadrados, adxudicada por 171.929 euros.
Unha operación máis nun ano especialmente positivo para o polígono da Laracha, no que xa se pecharon acordos para 48.603 metros cadrados, o que supón case o 10% do parque empresarial en tan só nove meses (a superficie neta do polígono ascende a 537.925 metros cadrados).