SEA analizará na Laracha os desafíos do emprego e a formación de empresas

1 minutes read

Beatriz Sestayo, xerente de SEA (Suelo Empresarial del Atlántico) e membro do Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE, analizará os desafíos do emprego e a formación de empresas nunha charla coloquio inspiradora na Laracha.

Palomi Rodríguez, candidata socialista á Alcaldía da Laracha, explorará a importancia de desenvolver, atraer e reter talento para facer do tecido produtivo da Laracha unha rede sólida de coñecemento e un territorio atractivo para as mozas e os mozos.

Co obxecto de impulsar e estender entre as empresas e as persoas traballadoras unha formación que responda ás súas necesidades e que contribúa ao desenrolo dunha economía, o PSOE da Laracha organiza esta charla-coloquio que será este venres 28 de abril ás 11:00 horas (na sede socialista situada na rúa Epifanio Campo, nº 12 baixo).

Palomi Rodríguez informa que será un encontro aberto á veciñanza, un acto de escoita activa, e na que se abordará o emprego na Laracha pois o que se pretende é crear emprego estable e de calidade ademais de acabar con moitas das desigualdades.