SEA confirma a adxudicación dunha nova parcela no parque empresarial da Laracha

1 minutes read

A sociedade estatal “Suelo Empresarial del Atlántico, S.L.” adxudicou no seu último Consello de Administración do ano preto de 30.000 metros cadrados de superficie empresarial, nos parques industriais e empresariais de Rianxo e da Laracha, que supera o 80% de ocupación. Así o informou a xerente de “SEA”, Beatriz Sestayo, en relación a un Consello de Administración celebrado este xoves de forma telemática. Concretamente no parque empresarial da Laracha, que xa supera o 82% de ocupación, adxudicouse unha nova parcela. Trátase da D3.8, de 675 metros cadrados, que foi adquirida por un importe próximo aos 54.000 euros (IVE incluído). O parque empresarial da Laracha é un dos de maiores dimensións de “SEA”, ao contar cunha superficie bruta de 825.249 m2.