SEA destaca os avances nos polígonos da Laracha, Vimianzo e Cee

1 minutes read
Foto.- Cedida.

A xerente de “SEA”, Beatriz Sestayo e o director xeral de Sepes, Lucrecio Fernández, participaron no Consello de Administración telemático de Suelo Empresarial del Atlántico, no que se aprobaron operacións récord de máis de 2,8 millóns de euros, entre as que destacan novas vendas na Laracha, Vimianzo ou Cee, entre outras, que consolidan o impulso a estas áreas empresariais.

Con respecto á Laracha, a xerente de “SEA”, Beatriz Sestayo, informou ao Consello dunha importante venda pechada por valor de 1.091.808 euros máis IVE e que afecta as parcelas D.2.3., D.2.4 e D.2.5, que suman 17.898 metros cadrados. Deste xeito, este parque empresarial, que xa conta cunha ocupación próxima ao 70%, afianza a súa posición como un polo xerador de emprego e desenvolvemento económico na área coruñesa, con empresas como Inditex, Galitráns, Esmorís e Hijos, Hidroeléctrica de Laracha, Unifersa, Uniter ou Cardemad.

No caso de Cee, o Consello deu o visto e prace á firma xa realizada da venda dunha parcela de 1.897 metros cadrados a Búa Construcións e Servizos S.L. Ademais autorizou a venda á Sociedade Galega do Medio Ambiente, Sogama, dúas parcelas que ascenden a 2.370 metros cadrados en total.

Beatriz Sestayo tamén resaltou a importancia da operación pechada no parque empresarial de Vimianzo, tras anos sen avances e que supón a mobilización de dúas parcelas dun total de 2.370 metros cadrados.