A xerente de SEA, “Suelo Empresarial del Atlántico”, Sociedade Mercantil Estatal, Beatriz Sestayo, presentou á alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, o programa lanzado pola entidade para atraer novos investimentos ao polígono empresarial e favorecer ás empresas o acceso ao chan insdustrial. O plan concrétase en duplicar a superficie que se ofrecía en Dereito de Superficie (unha modalidade que permite instalarse nunha parcela do parque sen ter que comprala) e rebaixar o custo do chan neste concepto.
SEA ofrecerá así un total de 40.000 metros cadrados en Dereito de Superficie, duplicando a superficie anterior. Ademais, trátase agora das parcelas máis atractivas, as de acceso ao parque empresarial, e pásase de ofertar só as de carácter industrial a tamén as de uso mixto e terciario.
En paralelo, tamén se rebaixa o prezo da parcela, ao reducir o canon e igualalo ao prezo de venda. Como exemplo, unha parcela de 1.000 euros ten un custo en Dereito de Superficie de 1.022 euros o primeiro e o segundo ano (85 euros ao mes) e só 1.700 o terceiro ano.
A oferta, subliñou Beatriz Sestayo, responde o interese empresarial que se foi constatando nos últimos meses tanto en “SEA” como no propio Concello.
A modalidade de Dereito de Superficie tivo enorme éxito nos parques empresariais de SEA, logrando, nalgúns como o de Vilanova de Arousa, que se esgoten en tres anos os 30.000 metros cadrados ofrecidos, nun polígono que estaba practicamente paralizado.
Beatriz Sestayo tamén quixo “agradecer a Mónica ou enorme interese que ten por desenvolver a súa zona e ou polígono industrial que nos empuxa continuamente a mellorar as ofertas para implantar novas empresas”.
Pola súa banda, a alcaldesa agradeceu o esforzo de “SEA” e de Beatriz Sestayo para potenciar o polígono empresarial con opcións que poden atraer a emprendendores e comprometeuse a seguir traballando para lograr unha ocupación “do 100 por 100”.