SEA e o Concello de Cabanas impulsarán o desenvolvemento industrial no municipio

SEA_Cedida.

A xerente de SEA “Suelo Empresarial del Atlántico”, dependente do Ministerio de Transportes a través de Sepes e xestora de 13 polígonos industriais en Galicia, Beatríz Sestayo, desprazouse a Cabanas, a pedimento do alcalde, Carlos Ladra, para abordar cuestións vinculadas ao desenvolvemento económico e industrial da localidade.

Ambos abordaron esta cuestión coa colaboración entre as dúas institucións. Na reunión, celebrada na Casa do concello, tamén participaron Eva García Amor, concelleira de Servizos, Sostenibilidade e Medio Rural; Iago Varela, concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo e Concepción Rodríguez Ferreiro, edil de Infraestruturas e Seguridade Viaria.

Todos expuxeron temas vinculados ao desenvolvemento económico e industrial da localidade, na que se sitúa, de forma compartida con Fene, o polígono industrial de Vilar do Colo, xestionado por Sepes.

Beatriz Sestayo expuxo os obxectivos de Axenda Urbana, vivenda sostible e desenvolvemento económico do Ministerio de Transportes e comprometeuse a dar traslado a Sepes e á súa dirección xeral das demandas do concello de Cabanas.