«SEA» e o Concello de Rianxo avanzan no impulso do Polígono para a creación de emprego

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, Beatriz Sestayo, desprazouse a Rianxo para manter unha reunión co alcalde, Adolfo Muíños e a tenente de alcalde, Carmen Figueira, co obxectivo de seguir avanzando nas conversacións encamiñadas a que o parque empresarial da localidade conte con novos proxectos de dinamización socio económica. Nas reunións mantidas tamén se abordaron as últimas propostas expostas desde o Concello e “SEA” e o crecente interese empresarial por un polígono con excelente dotación e localización.

Beatriz Sestayo agradeceu “a enorme comunicación que existe co goberno de Rianxo, que cremos que ten que ser un exemplo de cooperación entre distintas administracións e institucións para o éxito de proxectos”. “Rianxo é un exemplo”, destacou a xerente de “SEA”, que se mostrou moi “optimista” ante “as noticias que poidamos dar proximamente”, grazas a este “dinamismo” que se está observando ultimamente.

O rexedor de Rianxo, Adolfo Muíños, tamén incidiu na colaboración permanente con “SEA” e no “constante interese de empresas non polígono”, debido a que de “xeito cotiá se achegan empresas para demandar información”, ante valores como a “localización estratéxica, a urbanización e as instalacións” que se ofrecen.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha