32
A xerente da Sociedade Solo Empresarial do Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, asinou o contrato para a execución da limpeza, roza, eliminación da vexetación e xestión da biomasa vexetal das parcelas do Parque Empresarial de Malpica. A empresa “Forpón” será a encargada de realizar os traballos, aos que a SEA destina 1.856 euros. O prazo de execución do contrato é de 21 días naturais desde a firma do mesmo, realizada este 8 de agosto. Beatriz Sestayo, destacou que o contrato responde o compromiso “da SEA por manter o patrimonio industrial público en óptimas condicións para o impulso á creación de emprego”, expresado tamén na recente reunión que mantivo co alcalde, Walter Pardo.