- O polígono de Cee dispón dunha superficie neta de 106.805 metros cadrados, dos que a edificabilidade industrial destínanse 63.103 e a terciaria 57.749.
A xerente da sociedade estatal “Suelo Empresarial del Atlántico”, Beatriz Sestayo, informou de dúas novas operacións comerciais no polígono de Cee, que o consolidan como un dos eixos estratéxicos para a industria e as empresas da zona. Estas dúas novas parcelas reservadas suman un total de 5.219 metros cadrados. Ambas operacións serán levadas ao Consello de Administración que se celebrará este mesmo mes.
O parque empresarial de Cee consolídase como lugar idóneo para a instalación de empresas, ao dispoñer de todos os servizos necesarios pero tamén, ofrecer “garantías e seguridade xurídica” ás mesmas. A xestión proactiva para poñer en valor o chan industrial e favorecer así a creación de emprego e a dinamización socioeconómica está a achegar os resultados esperados.
Beatriz Sestayo agradeceu a colaboración do Concello de Cee e a súa alcaldesa, Margarita Lamela, ante as últimas medidas adoptadas desde a administración local para favorecer a instalación de empresas neste polígono empresarial e industrial.
En este mesmo ano, “Suelo Empresarial del Atlántico” tamén asinou a venda doutra parcela de Cee, de 1.897 metros cadrados, á empresa Búa Construcións e Servizos S.L.
