23
A xerente de SEA, Beatriz Sestayo, asinou a adxudicación dunha parcela de 675 metros cadrados, na que a empresa de reparación e construción Enrique Ordóñez Pose, con sede na Laracha, ten previsto construír en 2023 unha nova nave, coa que continuar coa súa actual actividade neste espazo. A xestión directa de SEA, as boas condicións do chan e as facilidades para o investimento están a atraer cada vez máis empresas a este, pero tamén a outros polígonos industriais que xestiona esta entidade, que se marca como prioridade “exercer como motor económico, impulsando a creación de emprego e o asentamento de poboación”, segundo destacou Beatriz Sestayo.