A Garda Civil coordina o operativo de busca de Óscar García Lema, o veciño de Teo desaparecido hai case dúas semanas. Perdéuselle a pista no mediodía do mércores 29 de marzo, cando faltou do seu domicilio no lugar de Cepeda, en Teo. A busca céntrase estes días en volver rastrexar as zonas máis próximas á vivenda. Seguen abertas todas as hipóteses sobre a súa desaparición. A familia desbota a posibilidade de que marchara voluntariamente, e mantén a esperanza de atopalo con vida. Fixeron unha chamada á colaboración cidadá para sumar voluntarios á busca, organizada en dúas convocatorias diarias. Ás dez e media da mañá e ás catro e media da tarde citan os voluntarios na igrexa de Santa Eufemia de Oza. Saen en grupos, supervisados polos axentes.
36