45
O submarino foi detectado na Praia de Foxos, en Aldán, no marco dunha operación internacional que levaba días investigando unha rede de narcotráfico que podería estar operando nas Rías Baixas. As forzas antidroga detiveron dous tripulantes pero un terceiro escapou a nado. Ao vérense sorprendidos os narcos conseguiron somerxer o aparello. Investígase se o submarino navegou desde America do Sur ata España co cargamento ou se a droga foi introducida nalgún punto mar a fóra. A nave ten uns 20 metros de eslora e podería transportar ata 3.000 quilos de cocaína.