Segue aberto, ata o 30 de abril, o prazo para solicitar unha axuda ao alugueiro

1 minutes read

Estas subvencións, convocadas no DOG do pasado 30 de marzo, están dirixidas a facilitar o acceso e mantemento da vivenda habitual a persoas e colectivos específicos con escasos recursos económicos, ás que se destina un orzamento global de 2,27 millóns de euros. Como en convocatorias anteriores, o programa conta con dúas liñas diferenciadas: unha destinada á poboación en xeral, en cuxo caso o importe máximo da axuda poderá ser de 200 euros ao mes ou, se o solicitante ten máis de 65 anos, de 250 euros; e outra dirixida ao colectivo de menores de 35 anos, que poderán optar grazas a ela a unha subvención de ata 250 euros. A duración da axuda será dun ano. Trátase dunha convocatoria, enmarcada no Plan estatal de vivenda 2018-2021, que na actualidade xa reciben máis de 5.000 galegos. Desde o pasado 6 de abril, as persoas en situación de especial vulnerabilidade pola covid-19 poden solicitar unha axuda. Trátase da segunda vez que se convoca este programa, para ofrecer unha resposta efectiva e específica a aquelas familias e colectivos que viron como se resentían os seus ingresos domésticos debido á pandemia, chegando a máis dun milleiro de beneficiarios en Galicia.