Pouco a pouco vanse sabendo máis detalles do ocorrido na tarde deste xoves no lugar de Centiña. Ao parecer a Garda Civil xa estivera na vivenda en varias ocasións atendendo chamadas da muller, pero ela non quixo denunciar o caso, debido a que dependía economicamente da súa parella, quen tras agredila colleu o coche e fuxiu a contarllo a súa filla ao traballo. A filla asegura que na súa casa eran habituais as discusións, pero ninguén se imaxinaba que se podería chegar a esta situación. Este xoves o presunto agresor despois de baterlle na cara a muller perseguiuna pola aldea cun coitelo na man e a 50 metros deulle unha coitelada. A sorte quixo que lle batera no oso do peito e a folla do coitelo rompera, senón podería haber sido peor, afirman os veciños. O Concello de Coristanco convocou unha concentración para rexeitar a violencia machista e axudarán a vítima en todos os trámites que inicie. O alcalde, Juan Carlos García Pose, asegurou que o que temos que facer é rexeitar a violencia, nomeadamente a violencia de xénero. É evidente que hai que seguir traballando porque temos que eliminar que se lle poida facer daño, neste caso, as mulleres».
36