Seguen as mobilizacións do persoal dos centros de Política Social

O persoal dos centros de Política Social (residencias de maiores, centros de menores, centros de atención a discapacitados, centros residenciais, etc.), volveron mobilizarse para reivindicar a recuperación dos seus dereitos laborais, “recortados desde 2012”.

CIG, CCOO, CSIF e UGT lembran que o persoal dos centros dependentes da Consellería de Política Social actuaron «desde o primeiro momento coa máxima dedicación, compromiso e profesionalidade para intentar frear a afección da pandemia; pero despois de catro semanas de concentracións continuadas, Fabiola García, aínda non se dignou a chamar as organizacións sindicais convocantes para preguntarlles que están a demandar».

O persoal reivindica unha aposta decidida por uns servizos sociais públicos, dignos e de calidade; o incremento de prazas públicas e de xestión directa; a recuperación das compensacións por festivos e domingos traballados; a transformación de todos os contratos de fin de semana ou inferiores, a xornada completa; así como a posta en valor do traballo e o esforzo realizado durante a situación de emerxencia sanitaria.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha