40
O conselleiro de Economía confía en que o resultado da auditoría que se está a realizar no estaleiro vigués permita definir canto antes as medidas que sirvan para reactivar o traballo. Mentres tanto, suliñou Francisco Conde, a Xunta segue a colaborar con todos os axentes implicados. «A Xunta xa actuou establecendo unha liña de axudas á industria auxiliar para que poida ter un colchón para afrontar as dificultades financeiras. O goberno galego tamén estará colaborando co Ministerio de Indutria, CESCE e Pymar para identificar esa solución que agardemos que o Consello de Administración de Barreras poida concretar de forma inmediata.»