Seguen investigando se houbo máis implicados, que os xa detidos, na morte de Samuel Luiz

0 minutes read

As pescudas policiais seguen avanzando, unha semana despois da morte de Samuel Luiz no paseo marítimo da Coruña. Neste momento, tres dos detidos, que son maiores de idade, están en prisión, e dous mozos máis ingresaron nun centro de menores. Todos confirmaron que non coñecían a Samuel e tamén o detonante da agresión: unha videochamada que confundiron cunha gravación. Ningún recoñeceu ante a maxistrada que mallasen no mozo. Ao longo do proceso de instrución concretarase a tipoloxía do delito polo que están sendo investigados, homicidio ou asasinato. O caso permanece baixo segredo de sumario e poderían producirse novas detencións.