Segunda prórroga do «Brexit» se hai acordo de saída antes do 12 de abril

O presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, manifestou ante o pleno do Parlamento Europeo (Bruxelas) que «se o Reino Unido está nunha posición de aprobar o acordo de saída cunha maioría viable para o 12 de abril, a UE nese caso debería aceptar unha extensión ata o 22 de maio».

Este ofrecemento prodúcese despois de que a primeira ministra británica, Theresa May, manifestase o desexo de pedir un novo adiamento do «Brexit» para buscar un pacto coa oposición laborista que posibilite a aprobación dun acordo de saída, que xa foi rexeitado tres veces.

Juncker insistiu en que, se o Reino Unido non adopta unha posición antes do 12 de abril, «non será posible ningunha extensión», xa que a permanencia británica na Unión Europea máis aló desa data sen celebrar comicios á Eurocámara «poñería en perigo o funcionamento das eleccións europeas e da UE».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha