Segunda vitoria consecutiva | O Grupo Lemaco ‘A’ superou ao Abegondo

1 minutes read

Bm. Abegondo Siem 25 – Grupo Lemaco Xiria A 47  (14-22)

Partido cómodo para o Grupo Lemaco A en Abegondo no que suma a súa segunda vitoria. Foi o Xiria levando o partido a onde quería nos primeiros minutos a base de imprimir velocidade nas contras. Pronto marcou diferenzas de goles e xogou máis cómodo no ataque aínda que a vez máis permisivo na defensa o que propiciou intercambio de goles. Na segunda metade ambos equipos adiantaron as defensas, polo que o Grupo Lemaco marcaba sen dificultade acadando eses 47 goles no marcador final e permitindo ao Abegondo achegarse aos 25. Na vindeira semana a Sar de Redondela visitará Carballo.

O Atlántico superou ao Grupo Lemaco «B»

Balonmán Atlántico 43 – Grupo Lemaco Xiria B 36 (23-20)

Na Liga Prata o Grupo Lemaco B caía diante do Balonmán Atlántico, igualdade ata o minuto 50, pero non puido ou non soubo aguantar o derradeiro arreón do equipo de Oleiros que se facía cos dous puntos en xogo. Moi metidos durante todo o encontro os xogadores noveles do Xiria, dominaron no marcador e sobre todo no xogo, quizá a defensa carballesa foi permitindo moito durante algunha fases do partido índose a un marcador elevado. A falta dos 10 minutos finais e co partido igualado, o Grupo Lemaco perdía varios balóns en ataque que aproveitaba o rival para materializar en rápidas contras e abrir brecha no marcador, as urxencias no remate de encontro con erros e novas perdas de balón propiciaron a vitoria do Atlántico. Partido para aprender e seguir medrando como equipo.