Un bo traballo defensivo fixo decantar a balanza ao lado do Calvo Basket Xiria a pasada fin de semana fronte ao Club Baloncesto Costa Artabra. O Pavillón Vila de Noia poñía de novo a proba este sábado ao equipo carballés nun novo encontro de Primeira Autonómica, e este non defraudou. Gran partido do Xiria que se mostrou intratable en xogo e dominio ante o Sto. Domingo de Betanzos. Cun resultado final de 81-63.