Segundo o BNG, «é máis fácil comprar entradas para un concerto que pedir cita para vacinarse»

1 minutes read

A portavoz de sanidade hospitalaria do BNG, Iria Carreira instou novamente á Xunta a reforzar a Atención Primaria ante os recortes de persoal e medios. A nacionalista reclama “rigor e tranparencia” no proceso de vacinación e reforzar a Atención Primaria con 200M€. Neste sentido, criticou que a Xunta se escuse na falta de recursos económicos e lembrou que o BNG defendeu investir en Atención Primaria retraendo fondos dos orzamentos, dos Fondos Nex Gereation e da devolución do IVE por parte do Goberno central. O investimento en Atención primaria, dixo, “debe ser unha prioridade para a Xunta”. Os nacionalistas tamén piden melloras no sistema de autocita da vacina para os menores de vinte anos, que cualifican de «caótico». «Esta fin de semana era moito máis fácil comprar entradas para un concerto que pedir unha cita para vacinarse contra a covid», asegurou Iria Carreira.