Para que todo vaia “segundo o previsto” debe de frutificar o pacto alcanzado tras as eleccións municipais de 2019 entre o actual alcalde de CxG, David Barbeira, e o cabeza de lista do PSOE, José Antonio Ucha Velo. Nesa data ambos chegaran a un acordo para que cada un gobernase dous anos dos catro que consta a lexislatura. Avinzas e desavinzas enfocan unha situación confusa en canto ao que poida ocorrer en breve. De momento o grupo socialista solicitou a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar a substitución de poderes e que non poderá demorarse máis de 15 días. Na orde do día figura o traspaso de poderes e a fixación de pleno extraordinario posterior para dar cumprimento ao acordo de goberno. De momento, en suspense a decisión do actual alcalde e único concelleiro de Compromiso por Galicia, David Barbeira.
17