Segundo obradoiro de emprego conxunto entre Muxía, Vimianzo e Camariñas

Reunión dos alcaldes de Muxía, Camariñas e Vimianzo para falar do programa de emprego conxunto_Cedida

  • A sede será Muxía e está previsto que o obradoiro dure 9 meses, comezando en decembro

Os rexedores de Muxía, Vimianzo e Camariñas reuníronse na vila da Virxe da Barca para dar conta da programación do obradoiro de emprego conxunto que está previsto que arrinque en decembro. Tal e como indicaron os Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) de cada municipio, durante nove meses 20 persoas poderán especializarse en dúas formacións: ‘Promoción turística local e información ao visitante’ e ‘Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes’.

As tres localidades conseguiron unha subvención de 346.846,05 euros para levar a cabo o programa “Camiño ao emprego”, unha formación dirixida a mellorar a cualificación e a inserción profesional das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade. Os asistentes poderán obter un certificado de profesionalidade.

O alcalde de Muxía, Iago Toba, fixo especial fincapé no “triunfo da unión”, destacando ademais que “Muxía é un dos municipios que levaba moito tempo sen un obradoiro e, a pesar das dúbidas iniciais, seguímolo intentando”.

Tanto Toba, coma as alcaldesas de Camariñas e Vimianzo, Sandra Ínsua e Mónica Rodríguez respectivamente, destacaron o gran traballo das axentes de desenvolvemento local.