Os expertos coinciden en que as restricións tomadas son necesarias para frear os contaxios na Comunidade, aínda que consideran que as discrepancias políticas e xudiciais fixeron que se atrasase a loita efectiva contra a pandemia. “Pretendían facer criterios de conciliación, pero ao final non conciliaron a ninguén, nin á Comunidad de Madrid, nin aos empresarios, nin os criterios científicos. O virus chegou moi lonxe”, asegura o director do grupo de Neuroviroloxía da Universidade Autónoma de Madrid, José Antonio López. Apuntan ademais que as medidas finais son “insuficientes para controlar a transmisión de forma efectiva e rápida” en Madrid. “Que poderían mesmo requirir do peche da hostalería e doutras empresas”, explica o director da Unidade de Saúde Pública de Sevilla, Eduardo Briones.