Segundo os expertos as restricións en Madrid aplicáronse tarde

Os expertos coinciden en que as restricións tomadas son necesarias para frear os contaxios na Comunidade, aínda que consideran que as discrepancias políticas e xudiciais fixeron que se atrasase a loita efectiva contra a pandemia. «Pretendían facer criterios de conciliación, pero ao final non conciliaron a ninguén, nin á Comunidad de Madrid, nin aos empresarios, nin os criterios científicos. O virus chegou moi lonxe», asegura o director do grupo de Neuroviroloxía da Universidade Autónoma de Madrid, José Antonio López. Apuntan ademais que as medidas finais son «insuficientes para controlar a transmisión de forma efectiva e rápida» en Madrid. «Que poderían mesmo requirir do peche da hostalería e doutras empresas», explica o director da Unidade de Saúde Pública de Sevilla, Eduardo Briones.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha