Seguridade e confianza, claves para a saída do turismo da crise

A segunda xornada do Foro Turismo Covid19 que organiza a área de Turismo da Deputación da Coruña centrou o debate na xestión municipal da crise do coronavirus coa participación da axente de Desenvolvemento Local do Concello de Vimianzo, Rosa Sánchez; a técnica de turismo do Concello de Betanzos, Elena Carro; a técnica de turismo no concello de Dumbria, Ada González; o técnico de turismo de Vimianzo, Ángel Arcay,; o consultor, docente e técnico de Turismo no Concello de Noia, Ignacio Fernández Dosil; a técnica de turismo do concello de Carballo, Maite Parga e o ex director xeral de Política Turística do Ministerio de Transportes e concelleiro de Turismo de Santiago de Compostela, Francisco Candela, nunha sesión coordinada polo vicepresidente e deputado da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.

Seguridade e confianza serán as claves para dar pasos adiante na saída da crise provocada pola COVID19 no turismo e preséntanse tamén como os principais retos dos concellos segundo transmitiu o persoal técnico das áreas municipais que participaron no Foro Turismo Covid19 organizado pola Deputación da Coruña. O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, defendeu que a contratación de profesionais vai ser fundamental para a revitalización do turismo con garantías sanitarias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha