0
A vicepresidenta de Arxentina, Cristina Fernández, recibiu este martes unha condena a 6 anos de prisión nun proceso por corrupción que comezou en maio de 2019. A sentenza ditada polo Tribunal Oral Federal 2 en Buenos Aires achaca a Fernández irregularidades económicas na concesión de obra pública en autoestradas. A condena conleva a inhabilitación perpetua para exercer cargos públicos. A líder do peronismo kirchnerista conta con foros de inmunidade que impiden que sexa detida ata decembro de 2023 cando acaba o seu mandato de vicepresidenta. Ademais tería a posibilidade presentarse ao Senado en outubro de 2023 para manter a inmunidade e non cumprir condena.