Seis detidos polo asasinato do presidente de Haití

1 minutes read

Xa son seis os detidos pola Policía Nacional de Haití na investigación do asasinato do presidente Jovenel Moise. Outros catro presuntos implicados foron abatidos polas forzas de seguridade durante un operativo. As autoridades confirmaron ter aos autores físicos e agora buscan aos autores intelectuais do magnicidio.

A prensa nacional asegura que 3 dos 4 asaltantes falecidos eran estranxeiros. Finxían ser funcionarios da Administración de Control de Drogas (DEA) e falaban entre eles español. Eran asasinos «profesionais», apuntou o embaixador de Estados Unidos en Haití, Bocchit Edmond.

Decenas de haitianos lanzáronse ás rúas en procura dos responsables, polo que o primeiro ministro interino, Claude Joseph, pediu á poboación tranquilidade e manterse na casa para evitar maior crispación. Mentres, o Goberno de Haití pediu apoio internacional para investigar o asasinato de Moise e tamén en materia de seguridade, a Casa Branca ofreciu a súa colaboración, pero asegurou que por agora non recibiu ningunha petición de asistencia do país caribeño.