Seis ‘influencers’ galegos participarán na 2ª edición de “Instagrammers no Camiño”

1 minutes read

Os seis participantes suman 3,6 millóns de seguidores. Trátase da actriz Cristina Castaño, os cantantes Luis Cepeda e Roi Méndez e as influencers Natalia Maquieira, Tamara García Romero e Xurxo Carreño.
Xurxo Carreño repite a experiencia despois de camiñar o ano pasado xunto a Martiño Rivas, Gala González e Cristina Cerqueiras durante 4 etapas do Camiño Portugués da Costa. Nesta ocasión, os seis participantes realizarán os 100 últimos quilómetros da Vía da Prata desde Ourense en 5 etapas desde o 30 de marzo ata o 3 de abril e compartirán as súas vivencias diarias no Camiño nos seus perfís de Instagram baixo os cancelos #GaliciaDestinoSeguro e #CamiñaAGalicia.
Estes seis talentos galegos no mundo do cine, a televisión, a música, o humor ou as tendencias converteranse en peregrinos e guías para os milleiros de seguidores que cada día están ao tanto dos seus pasos profesionais e as súas recomendacións. Así, serán os mellores embaixadores do Camiño e un apoio moi importante para chegar ás xeracións máis novas que máis empregan as redes sociais como ferramenta para comunicarse.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presentou este sábado a estos seis influencers que participarán na segunda edición desta iniciativa, unha campaña para a animar á mocidade a través das redes sociais a camiñar a Galicia neste Xacobeo.