Seis membros das Escolas Balonmán Xiria volven coa Selección Galega


As seleccións galegas infantís, tanto masculina como feminina e a cadete masculina volven a contar con nenos e nenas de Carballo para a concentración deste domingo 15 de decembro, co motivo de preparar o inminente Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Cantabria.

Leticia Santos Insua, do Punta del Este Xiria infantil feminino adestrará no Pavillón O Gatañal de Cangas do Morrazo ás 16:30.

O cadete do Grupo Lemaco Xiria Martín Fuentes Pombo e os infantís do Garaysa Xiria, Xurxo Fraga Gómez, Xiria, Pablo Veiga Mourín, Xiria e Érik Vázquez Reboleiro, Xiria adestrarán o domingo no Manuel Coto de A Estrada ás 17:00

Cabe destacar que para esta semana, a selección galega xuvenil masculina adestrada polo adestrador do Xiria, Fernando Vázquez Quinteiro non ten adestramento.