Seis ministros estarán na mesa de diálogo coa Generalitat

A reunión terá lugar esta semana en Barcelona e permitirá desempoar un instrumento xurdido do acordo entre ERC e o PSOE para a investidura de Sánchez, pero que só se chegou a reunir nunha ocasión, en febreiro de 2020, antes de quedar aparcado semanas despois pola emerxencia sanitaria do coronavirus. O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, fixo públicos os nomes dos ministros que estarán presentes. Serán a vicepresidenta Yolanda Díaz , o propio Bolaños, Isabel Rodríguez (Política Territorial),  Miquel Iceta (Cultura), Raquel Sánchez (Transportes) e Manuel Castells (Universidades).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha