Seis persoas resultaron feridas na Baña nun accidente múltiple

1 minutes read
Dous dos turismos accidentados.

Un total de seis persoas resultaron feridas este mércores despois de producirse un accidente entre tres turismos ao seu paso pola localidade de A Baña.

No momento de producirse o sinistro, os coches circulaban pola AC-444, á altura de Paredes.

Foi un particular quen deu aviso ao 112 Galicia, indicaba que había tres vehículos implicados e que, ademais, entorpecían o tráfico.

Con estes datos, os xestores informaron decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Xallas e á Garda Civil de Tráfico.

Xa no lugar dos feitos, o persoal sanitario confirmou ao 112 que seis persoas tiveran que ser trasladadas por resultar feridas.

Os Bombeiros de Santa Comba e o persoal do servizo de mantemento da estrada tamén se desprazaron ata o punto co fin de realizar as tarefas de limpeza da vía.

Terceiro coche implicado.