Seis positivos máis elevan a 28 os casos de coronavirus na comarca da Mariña

Imagen coronavirus_Fuente:@AinhoaGoni

  • Así, o total de casos positivos en Galicia ascende a 312

A Consellería de Sanidade confirmou este luns outros seis casos positivos de persoas afectadas por covid-19 na comarca de A Mariña, o que eleva a 28 o número total de casos detectados nesta zona pola Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e polos Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas.

Dos 28 casos positivos a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Unha das persoas con resultado positivo está ingresada no Hospital Público da Mariña. Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas.

A Consellería de Sanidade leva rastrexado ata o momento a máis de 300 persoas relacionadas con este brote e séguense a investigar posibles novos contactos.

Así, o total de casos positivos en Galicia ascende a 312: 71 son da área da Coruña, 44 da de Lugo, 22 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 131 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.

O número de falecementos segue nos 619.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha