Selar as etapas do Camiño mediante códigos QR será posible a partir do 2021


Os peregrinos poderán optar por unha credencial dixital a partir do ano que vén, pasando do selo de caucho ao código QR. Só terán que descargar no seu móbil a aplicación oficial e logo ir selando cada etapa nos establecementos da ruta. Malia que xa estaba previsto dixitalizar o pasaporte dos peregrinos antes da pandemia, a nova aplicación axudará a previr contaxios no Camiño. Sexa analóxica ou dixital, a credencial seguirá sendo o único documento válido para acceder aos albergues e obter a desexada compostela ao final do Camiño.