0
O Concello de Vimianzo xa seleccionou aos cinco xóvenes que participarán no programa ‘Xuventude con Talento’, coordinado polo Concello de Camariñas e no que tamén participa o Concello de Muxía.
Os rapaces e rapazas enfrontaranse a un periodo de prácticas formativas de 3 meses, no que desenvolverán tarefas da administración de Vimianzo en tres sectores estratéxicos: Tecnoloxías da información e comunicación, Calidade de vida e benestar e Téxtil/ moda – artesanía.
Ademais, para complementar a formación, o proxecto inclúe outras actividades formativas, mentoring, visitas a empresas e orientación personalizada.