22
En Galicia hai máis de 250.000 persoas sen vacinar. O Sergas convocounos para recibir a primeira dose pero por diferentes motivos non acudiron. Aínda que noutras comunidades están vacinando sen cita previa, o Sergas decidiu intentar repescalos a través do sistema de autocita. As primeiras son para os rapaces de 12 a 19 anos, para que poidan comezar o curso co menor risco posible, 25.000 ata este martes. Tamén haberá repesca dos maiores de 20 anos. Poden solicitala para o venres 3 de setembro. Para esta semana, Sanidade tivo que recompoñer o plan de vacinación despois de saber que chegan 22.000 novas doses de Moderna.
