Semana de ouro xóven de golf no Real Aero Club de Vigo

A XVII edición da semana de ouro xóven organizada polo Real Aéreo Club de Vigo e a Real Federación Galega de Golf congregou durante 3 días de competición a algúns dos xogadores amateurs de España de máis alto nivel. A proba disputouse baixo a modalidade Medal Play, cunha clasificación final acumulada con premios para os mellores scratch e hándicap en categorías feminina e masculina. Cabe destacar o gran papel desempeñado polo xogador carballés Mario Díaz López o cal obtivo un meritorio décimo sexto posto en clasificación hándicap e vixésimo sétimo en clasificación scrastch en categoría sub-18 masculina.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha